O entroido de Río de Xaneiro é un dos máis famosos do mundo, visitado por turistas de todas latitudes.Cada ano desfilan no sambódromo as escolas de samba que representan a barrios cariocas e cidades do Estado fluminense, as cales deben cumprir un estrito regulamento. O xurado outorga cualificacións por cada aspecto exhibido no desfile e a escola de samba que reúne maior puntuación coróase campeoa. Ata 2005, a escola de samba que máis puntuación sumara no sambódromo era Beija-Flor de Nilópolis, seguida por Imperatriz Leopoldinense.
Se ben a festa de carnaval máis coñecida de Río é o desfile do Grupo Especial que se realiza no sambódromo en toda a cidade hai celebracións con bandas e blocos na rúa, bailes populares, eventos privados, o desfile das escolas de samba do Grupo de Acceso (que aspiran a ascender ao Grupo Especial) e o desfile de campioas, así como ensaios das escolas de samba que se poden visitar todo o año.
Requírese facer reservas con moita anticipación, xa que a ocupación hoteleira adoita superar o 95% en época de carnaval.84 E habitual que os hoteis suban os seus prezos nestes días, ao igual que en fin de ano e outras datas destacadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario