O cigarrón é o personaxe central. Este traxe pesa sobre 25 quilos e os que o portan lévano no sangue, unha tradición que se transmite de pais a fillos. Todo un grande orgullo. Non é doado de levar xa que as chocas pesan o seu e a careta é de madeira e leva faixa e accesorios que dificultan moito a mobilidade. Hai que adestrar e para vestirse necesítanse varias persoas que te boten unha man.
Algunhas teorías as situan no século XVI cando o Conde de Monterrey ejercicia o seu poder na bisbarra e os situan como cobradores, aínda que outros falan de levantadores da caza, polas chocas.El carnaval de Verín é outro moi soado e único en Ourense. Parten do domingo de Corredoiro, logo o "xoves de Compadres" só de homes, réunense e a gran comerota e a gran noite, e logo "xoves de comadres", só de mulleres. Os cigarrones son a figura central do carnaval. O domingo de carnaval teñen un gran desfile de carrozas. Este carnaval hai que vivilo. Máscaras, desfiles, música e comparsas poñen unha nota de cor, tamén unha exquisita gastronomía.Normalmente a ocupación nestas datas está a tope: non falta a música, os cigarrones, os desfiles, a gastronomía e moitos actos culturais en torno ao carnaval, como o Entroidarte ou o Bautizo do Cigarrón.
Este carnaval ou entroido está declarado de interese turístico nacional.
